miércoles, 14 de junio de 2017

O Grúfalo

O GRÚFALO
Autora:  Julia Donaldson
Ilustrador: Axel Scheffler
Editorial: Patasdepeixe

Un ratiño moi listo consegue dar un paseo polo bosque sen que ningún animal o coma, nin sequera o grúfalo... como o faría?
Un libro que nos demostrou que non importa o tamaño, senón as ideas.
Nenas e nenos de 2º A



Adiviñas monstruosas


ADIVIÑAS MONSTRUOSAS
Autora: Gloria Sánchez
Editorial: Rodeira

Son adiviñas que dan un pouco de medo, escritas en forma de poema, por exemplo de Frankestein, de esqueleto, de momia, de cabaza,...
Un libro para divertirse e pasar un pouco de medo.
Nenos e nenas de 2º A

El rey de los bosques


EL REY DE LOS BOSQUES
Autor: David Day
Editorial: Edebé

Un paxariño atopou unha mazá no medio do bosque pero non podía comela porque os demais animais queríana e dicían que eran o rei do bosque ata que chegou o reno e dixo que a mazá era súa. Quen comerá a mazá, o paxaro ou o reno?
O que máis nos gustou foi como o paxaro resolve o problema.

Nenas e nenos de 2º A