domingo, 23 de abril de 2017

Viaxe ao centro da terra


TÍTULO: Viaxe ao centro da terra
AUTOR: Julio Verne
EDITORIAL: Hetzel /Xerais

RESUMO: A acción transcorre a mediados do século XIX, cando o profesor Linderbrock e o seu sobriño Axel, descobren nun libro sobre Islandia, un vello pergamiño que contén unha escritura moi rara.
Axel descubre o seu significado despois de moito traballo: indica o camiño ao centro da terra en Islandia. Inician a súa viaxe desde Hamburgo ata Islandia. Alí contactan co profesor Fridriksson que lles consegue un guía chamado Hans. Cando chegaron ao cráter do volcán había dúas entradas, unha no leste e outra no oeste. O profesor, que era moi testarudo, equivocouse de entrada e tiveron que volver atrás.
Durante a viaxe descobren un océano, Hans constrúe unha balsa, e nesa viaxe encontraron animáis prehistóricos. Chegan a unha illa, alí descobren un cementerio de animais prehistóricos e incluso restos humáns. Atoparon tamén unha vexetación da época terciaria e un puñal coas iniciais Arne Saknussemm, o autor do pergamiño.
Continúan a súa viaxe e chegan a unha cova. Como non hai saída provocan unha explosión, e como consecuencia dela ocorre unha erupción no volcán onde estaban. Saen disparados pola boca do volcán e acaban en pleno mediterráneo, saíron polo volcán Etna. Axel e o seu tío regresaron a Hamburgo e Hans a Islandia e foron famosos.

VALORACIÓN: É libro con moitas aventuras e gustoume moito por iso.
Daniel Santos Feijoo

No hay comentarios:

Publicar un comentario