lunes, 13 de marzo de 2017

Xamín no País dos mentireiros


Título: Xasmín no País dos mentireiros
Autor: Gianni Rodari
Editorial Galaxia

Xasmín naceu cunha especie de don, a súa voz é moi moi potente, tan potente como para esnaquizar cristais, é a voz dun perfecto tenor!
Pero na súa aldea non cren que iso sexa unha virtude.
A historia comeza así: Un día cando estaba no campo viu unhas peras que estaban maduras e quería recollelas pero non tiña nin escada nin pértega, así que se lle ocorreu que coa súa potente voz podía tiralas da árbores, daquela dixo: ABAIXO! e caeron as peras todas. El quedou moi satisfeito, pero atopábase por alí moi preto un campesiño que o presenciou todo e que foi correndo a contarllo á súa muller, que dixo que era un santo. O home, en cambio, cría que era un meigo, e así foi como toda a aldea se dividiu en dous bandos: os que crían que era un meigo e os que crían que era un santo. Non paraban de seguilo e a Xasmín iso agobiábao moito.
Como estaba só no mundo e alí non tiña nada que perder, recolleu as súas pertenzas e marchou.
Camiñou e camiñou ata atopar unha moeda no chan bastante valiosa, e, como era xeneroso, buscou ao dono, pero cando se achegou a un grupo de homes que falaban mandárono lonxe dicindo que lles quitara a moeda de alí. Tamén ocorreu que cando chegou a unha panadería decatouse de que alí vendían tinta.
Xasmín atopábase no País dos Mentireiros e...
O que continúa non volo podo contar porque este conto perdería toda a súa gracia, así que se queredes saber como segue teredes que lelo.
É un libro un pouco enrevesado e raro, pero a min pareceume moi divertido.

Mariña Erias Castro

1 comentario:

  1. Podes mercalo seguindo a ligazón: http://www.centrallibrera.com/libro/xamin-no-pais-dos-mentireiros_5740 ou en Central Libreira, rúa Dolores de Ferrol Tfno 981 35 27 19

    ResponderEliminar