martes, 24 de enero de 2017

Algúns nenos, tres cans e máis cousas

TÍTULO: Algúns nenos, tres cans e máis cousas
AUTOR: Juan Farias
EDITORIAL: Oxford University Press España

OPINIÓN: Eu recomendo este libro porque a parte de que é moi divertido e a min gustoume, ensina tanto aos nenos e máis aos adultos moitas cousas.
A min ensinoume palabras que non coñecía, por exemplo non sabía que era un pano de encaixe, nin batalla naval.
Espero que a todos os que o leades vos guste moito.
ADRIÁN  GRANDAL 

lunes, 23 de enero de 2017

El retorno de Villarina


TÍTULO: El  retorno de Villarina
Autores Varios
EDITORIAL: FEPES

OPINIÓN: Gustoume moito este libro porque di cantos osos quedan no mundo e ensina onde viven. A osa Villarina perde aos seus irmáns, está enferma así que a levan ao veterinario e alí está cun animal chamado urogallo e despois volve ao bosque en busca dos seus irmáns.
NOA FARIÑA ÁLVAREZ 




jueves, 19 de enero de 2017

A nena e o grilo nun barquiño


TÍTULO: A nena e o grilo nun barquiño
AUTOR: Magín Blanco
EDITORIAL: Fol

OPINIÓN: Este conto gustoume porque fala dunha nena e un grilo que van de aventuras nun barquiño, tamén contén actividades moi entretidas para deixar voar a túa imaxinación, e non só iso senon que tamén contén cancións e un CD para escoitar as cancións.
MARTA FARIÑA RILO 





miércoles, 18 de enero de 2017

El cazo de Lorenzo

TÍTULO: El cazo de Lorenzo
AUTORA: Isabelle Carrier
EDITORIAL: Editorial Juventud

OPINIÓN: Recomendo este libro porque demostra que sempre hai xente disposta a axudar.
Lorenzo levaba a rastras o seu cazo a todas as partes o que facía que outros pais doutros nenos non lles deixaran achegarse a el. Pero Lorenzo coñeceu a alguén con quen formou unha boa amizade e lle axudou a levar o seu cazo disimulado.


 CARLA GARCÍA MARTÍNEZ



viernes, 13 de enero de 2017

Torres de Malory


TÍTULO: Torres de Malory
AUTORA: Enid Blyton
EDITORIAL: Molino

OPINIÓN: Recomendo os libros de Torres de Malory porque  son moi divertidos, contan as aventuras que viven unhas nenas no internado Torres de Malory, e as situacións polas que pasan ao longo do curso.
Gústame moito porque relatan as bromas que se fan unhas a outras e tamén as bromas que lles fan as nenas ás profesoras.
Paréceme moi bonito porque se axudan unhas a outras a resolver os distintos problemas que lles poidan xurdir.
LUCÍA FERREIRÓS NÚÑEZ 

Misterio en París

TÍTULO: Tea Stilton, Misterio en París
AUTORA: Elisabetta Dami
EDITORIAL: Destino

OPINIÓN: Gústame porque ten palabras escritas en francés coma por exemplo: trés jolie, que en galego é moi linda. Tamén o recomendo porque é moi divertido, ten misterios e cinco amigas, chamadas o Club de Tea, teñen que resolvelos.
ALBA GABÍN LÓPEZ