domingo, 29 de marzo de 2015

A voda do papá

Título: A voda do papá
Autora: Helena Villar Janeiro
Editorial: Obradoiro

Unha nena, Sara, tén que adaptarse a vivir soa co seu pai. Nunha viaxe que fai á serra dos Ancares, coñece a Cloti, que se converte na súa mellor amiga e, xuntas, viven unha aventura.
Recoméndovolo porque a aventura é moi divertida e o final é moi bonito.

Sofía Veiga García

Premede na imaxe se queredes coñecer a autora deste libro.


Trata duha nena que perde a súa nai nun accidente de tráfico. Agora Sara tense que facer cargo da casa, regar a aspidrista, darlle de comer ao peixe e moitas cousas máis. Un día baixou a regar a planta e atopou a Lola, a súa veciña. Lola invitouna a merendar  e Sara dixo que non podía. Días despois, Sara e o seu pai foron de vacacións á neve en inverno e hospedáronse nun hotel onde coñeceron a dona Mameixe, a Cloti e aos seus pais. Ao regresar á casa o papá de Sara dille que se vai casar, e así Sara descubre que se pode estar triste e contenta á vez.
Gustoume moito.

Nuria Vázquez Valiño

No hay comentarios:

Publicar un comentario